Telecentro
O telecentro é o sitio que o concello preparou para facilitarche o acceso as novas tecnoloxías. A finalidade de esta iniciativa é achegar o mundo de Internet e as novas tecnoloxías ó medio rural, ademais de propiciar o uso de estas como medio ou ferramenta para facilitar o acceso á información, á formación, ó emprego, ó ocio, ós servicios públicos, as relacións sociais, a cultura...Ademais é gratuíto.

Poderás...
|
. Navegar de forma totalmente gratuita.
. Acceder a portais e servicios da Administración.
. Se tes ordenador portátil con conexión inalámbrica
wi-fi, poderás conectarte en banda ancha de forma gratuita.
. Ademais terás a tua disposición scanner, Web-Cam. (Para video-conferencias)
e impresora. (Nota: ouso da impresora non será gratuito. Cobrarse por
folla: 0.12 €).
. Poderás comunicarte con calquera parte do mundo.
. Terás acceso a millóns de páxinas con información
sobre calquera cousa. Toda a información que precises está na
Web.
. Poderás consultar e conseguir información na nosa enciclopedia
particular, así como en moitas outras existentes na rede.
Normas
|
. Os menores de 16 anos durante o horario escolar deberán
acudir acompañados dun dos pais ou tutor.
. Tomaránse as medidas necesarias para garantizar o respeto entre os
usuarios de modo que no Centro sea posible traballar debidamente sen ruídos
nin molestias causadas por outros usuarios.
. O uso indebido dos equipos e a modificación da configuración
suporán a expulsión inmediata e definitiva do Centro.
. Non se poderá acceder a páxinas Web con contidos pornográficos,
racistas, xenófobos, sexistas, violentos ou terroristas.
. Non se poderá instalar nos equipos ningún tipo de programa
ou aplicación sen autorización dos responsables do
Centro.