HISTORIA
A zona de Mondariz posee asentamentos humanos dende a máis temprana antigüidade e, polo tanto, é unha zona de ricos xacementos arqueolóxicos:
Da cultura dolménica hai varias mámoas na parroquia de Mouriscados, no lugar coñecido como Campo do Mouro. Tamén hai algúns petroglifos en varias partes do municipio sendo os máis importantes os de Frades, Gargamala, Toutón e Mouriscados.
Importantes son tamén os castros , entre os que cabe mencionar os de Riofrío, Monte do Castro, Lougares, Meirol (Coto do Castro), Vilar, Mouriscados (Coto do Santo), Vilasobroso (Castro das Chans), Toutón (O Castro), Monte do Castro (Frades-Gargamala) e Mondariz (Cotorredondo e Castromao).
En case todos eles encontráronse abundantes restos cerámicos e cimentos de vivenda.
Todos eles, así mismo, fortemente romanizados.
Dos castros anteriormente citados, hai algúns especialmente estudiados, e destaca tamén o de Cotorredondo o Teitixón, explorado en 1917 por Enrique Peinador Ángel del Castillo, apreciándose restos de cementos de casas circulares e abundante cerámica.
Outro xacemento, tamén castrexo, estudiado en 1928 por Pericot e Parga é o de Castromao, onde se pode atopar na superficie suficiente cerámica.
As igrexas parroquiais do concello datan do século XVIII, a excepción da de Mouriscados e Santa Baia de Mondariz.
Polo municipio de Mondariz pasou una vía romana. De esto queda constancia na actual ponte de Cernadela, que foi totalmente reformada no sáculo XV. Esta ponte, con cinco arcos, é un dos puntos de referencia para o turista que visite Mondariz, non so pola beleza da construcción senón tamén polo encanto do espacio natural no que se encontra situado.
Existen mostras de este paso da civilización romana por esta terras en diferentes achados.
No museo de Pontevedra gárdanse dúas pezas pertencentes a Mondariz: unha ánfora de grandes dimensións e unha estela antropomorfa.

Máis sobre a ponte de Cernadela