Fauna

Vexetación

A Vexetación: Nas beiras do río Tea e dos seus principais afluentes está presente un tipo particular de bosque, denominado de ribeira. O bosque de ribeira disponse linealmente no curso de ríos e regatos. Neste bosque predomina o amieiro e na franxa máis próxima ao río están presentes os salgueiros. As raíces destas árbores están moitas veces somerxidas. O forte enraizamento destas especies permítelle sobrevivir ás enchentes, polo que fan un labor fundamental na protección das ribeiras fronte á erosión. Tamén están presentes outras especies como as abeleiras, os freixos o os bidueiros. Baixo o mesmo teito arbóreo habitan unha gran variedade de plantas singulares, condicionadas pola humidade e as condicións de luz, como o narciso branco e o cáncaro, que aproveitan o principio da primavera, cando as árbores aínda non contan con follas para florecer; ou fentos como o fento real que se dispón en cordóns na mesma ribeira do río, acompañado entre outros polo fento heterófilo. O oficio tradicional máis distintivo de Mondariz foi o de cesteiro, que tivo carácter gremial e que posúe unha xerga ou fala propia. Os bosques proporcionaron gran parte das materias primas desta actividade.

Amieiro: Alnus glutinosa
Aveleira: Corylus avellana
Bidueiro: Betula alba
Cancaro: Primula vulgaris
Fento heterófilo: Blechnum spicant
Fento real: Osmunda regalis
Narciso branco: Narcissus triandrus
Salgueiro: Salix atrocinerea