Sendeiro Fluvial del Tea
Situación: O sendeiro fluvial do Tea transcorre polos concellos de Mondariz e Mondariz-Balneario, na comarca do Condado. O concello está comunicado pola estrada PO-254 e dende a estrada de Vilasobroso a Mondariz e Mondariz-Balneario, partindo da estrada N-120. Constitué un percorrido natural de 3 km de lonxitude, no que se pode coñecer o Espazo Natural do río Tea. Este espazo natural, debido ao alto interese das comunidades naturais que conserva, participa no proxecto europeo Rede Natura 2000.
![]() |
|
![]() |
Lonxitude: 3 km (Ida)
Duración: 2 horas (Ida)
Grao de dificultade: Baixo
O Sendeiro: Cunha lonxitude de 3 km, a través del pódese apreciar unha boa mostra do que constitúe o medio fluvial do concello de Mondariz. Comenza na Ponte da Cernadela, formada por cinco arcos e de probable orixe romana, que foi reconstruída no século xv, e transcorre polo paseo fluvial do Val. Consérvase neste treito unha importante área de bosque de ribeira. Remata ao lado da ponte do Cruxón, no concello de Mondariz-Balneario.
VEXETACIÓN e FAUNA.